01 octubre, 2015

XORNADAS: OS ARQUIVOS E A DEMOCRACIA

A Reitoría da Universidade da Coruña acollerá mañá, venres, 2 de outubro, e o sábado, día 3, as I Xornadas “Olga Gallego” de Arquivos que levan como título “Transparencia versus corrupción: Os arquivos e a democracia”.
O presidente da Fundación Olga Gallego, Pedro López Gómez, abrirá as xornadas mañá ás 10:00 horas e impartirá a conferencia inaugural o secretario Xeral da UDC, Carlos Amoedo. 
Segundo explican desde a Fundación, organizadora do evento coa Universidade da Coruña, estas primeiras xornadas que organiza para honrar a memoria da arquiveira galega teñen como obxectivo contribuír ao debate sobre o dereito de acceso á información e aos documentos en poder das administracións públicas, nun contexto en que os arquivos e os seus profesionais poden facilitar ese dereito á cidadanía.

Máis información: