A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolle a exposición Rosalía de Castro na biblioteca de Agustín Sixto Seco,
coa que se pon en valor os fondos donados pola familia deste médico e
intelectual galeguista á institución que acolle a Cidade da Cultura.
O interese de Sixto Seco (Mugardos, 1926) por Rosalía naceu en 1947
ao escoitar unha conferencia do seu profesor José Pérez López-Villamil,
titulada La personalidad enferma de Rosalía de Castro, en que o profesor
expoñía que o sufrimento patobiográfico se reflectía no rostro de
Rosalía. A partir desta conferencia, Agustín Sixto Seco profundizará ao
longo da súa vida no estudo da personalidade de Rosalía a través dunha
nova ciencia, a psico-neuro-inmunoloxía, que trata da relación entre a
saúde do corpo e as emocións. Todos estes estudos culminan no traballo
Achegamento médico-antropolóxico á personalidade de Rosalía que presenta
no ano 1985 ao Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de
Castro e o seu Tempo.
Máis información: