24 septiembre, 2015

JORNADAS DE ARCHIVOS "OLGA GALLEGO"

TRANSPARENCIA “VERSUS” CORRUPCIÓN. Os arquivos e a democracia

A transparencia parece estar de moda, se ben, en realidade, transparencia e  rendición de contas son vellas esixencias da condición democrática de calquera sociedade.
A recente Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno inicia no panorama político e administrativo español un camiño que outros países percorreron hai tempo. Pero o debate sobre o acceso á información  e aos documentos en poder das administracións públicas segue vixente: se por unha banda a Lei corrixiu algúns problemas de normas anteriores, non deu resposta a todos ou creou outros novos.
A Fundación Olga Gallego desexa contribuír a ese debate con estas Xornadas, as primeiras que organiza, e ao tempo honrar a memoria desta arquiveira galega comprometida coa sociedade galega e cos seus arquivos. 
 Máis información: